Map Graph

Seibu Dome

O Seibu Dome , coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome , é un estadio de béisbol situado en Tokorozawa, Saitama (Xapón). Inaugurado o 14 de abril de 1979, foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacífico da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posíbel que os home runs poidan saír do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. É, xunto o T-Mobile Park de Seattle, Washington, o único estadio de béisbol do mundo con esa característica.

Read article
Ficheiro:Seibu_Dome_September-10_2007-1.jpg